Extraescolares


Tendes aquí a listaxe das extraescolares para o curso 2023-2024.


Para inscribirse nunha actividade extraescolar é preciso en primeiro lugar, estar dado de alta como socio da ANPA


Unha vez que desde a ANPA vos confirmemos que as/os nenas/os están admitidos nunha actividade extraescolar, é preciso pagar 6€ en concepto de seguro. O seguro só se paga unha vez, independentemente do número de extraescolares nas que se inscriban as/os nenas/os. Para o pago do seguro hai que facer unha transferencia ao número de conta da ANPA que atoparedes nos formularios de inscrición co concepto: SEGURO+Nome do/a neno/a. Lembrade enviar un xustificante da transferencia o correo electrónico da ANPA.

Se queredes darvos de alta ou baixa de algunha extraescolar, poderedes facelo entre os días 20 e 25 de cada mes, presencialmente no local da ANPA ou a través do correo electrónico fleming.anpa@gmail.com.

Neste curso informamos que se cancelan as actividades de:
  • MULTIDEPORTE
  • INGLÉS (Ensíname) 3º & 4º
  • INGLÉS (Ensíname) 5º & 6º
  • ILUSTRACIÓN

1 comentario:

RECURSOS FACILITADOS NA CHARLA "CONSECUENCIAS DO USO E ABUSO DAS PANTALLAS" DE 14 DE MARZO: Bibliografía principal:  Marian Rojas ...