Liga Escolar de Natación


O club de Natación Vigo Rias Baixas e o Concello de Vigo coa colaboración da Fundación VIDE poñen en marcha un ano máis a Liga Escolar de Natación, que terá lugar na Piscina Municipal do Carme (Complexo Municipal das Travesas).

Datas:

  • 1ª Xornada:  3 decembro.
  • 2ª Xornada: 18 febreiro.
  • 3ª Xornada: 8 abril.
Categorías:
  • Promesas: nadadores masculinos e femininos nacidos nos anos: 2010, 2011 e 2012.
  • Benxamins: nadadores masculinos e femininos nacidos nos anos 2006, 2007, 2008 e 2009.
Probas:
  • 25 metros libres mixtos promesas.
  • 25 metros costas mixtos promesas.
  • 25 metros libres mixtos benxamins.
  • 25 metros cotas mixtos benxamins.
Na derradeira xornada se nadará unha soa proba debido a entrega de medallas e trofeos.

Para anotar aos vosos fillos tedes que pasar polo local do Anpa para cumprimentar os formularios.
Data tope LUNS 27 NOVEMBRO 09:30H.

ANIMÁDEVOS!!!

Menú Novembro



IMPORTANTE: ROUPA ABANDOADA


Toda a roupa que queda no colexio, permanecerá un mes no baúl que está na entrada e outro mes no local do Anpa. Acto seguido, pásase ao colector de reciclaxe de roupa que se atopa na entrada do colexio.

Por favor, marcade a roupa dos nenos co nome e apelido.

Moitas gracias.


ASAMBLEA ORDINARIA 31/10/2017


- Apróbanse as contas do exercicio anterior.

- Acórdase empezar cos trámites para a modificación dos estatutos da asociación. Mandarase aos socios, a través do correo electrónico, unha copia dos estatutos para que poidan achegar cambios se o consideran oportuno que se votarán en próxima asamblea.

- Conséguese algún voluntario como representante de aula. O que se pretende e ter máis comunicación cos pais do que sucede nas aulas. O ideal sería ter un por clase. Se alguén quere presentarse candidato, por favor, comunicarse coa Anpa.

- Finalmente, comunícase aos socios asistentes da reunión que vai ter lugar o vindeiro martes 7 novembro coa empresa de catering.

RECURSOS FACILITADOS NA CHARLA "CONSECUENCIAS DO USO E ABUSO DAS PANTALLAS" DE 14 DE MARZO: Bibliografía principal:  Marian Rojas ...