O SAMAÍN

 É tempo de contar historias de medo...

O Samaín chegou ao cole, e máis en particular, a ANPA...

Tódolos nenos e nenas do cole poden desfrutar da decoración que fixemos do noso recuncho do cole.

Aquí vos deixamos algunhas fotos para que vexades como quedou a decoración terrorífica!!









QUEIXAS E SUXESTIÓNS

Se tedes calquera queixa ou suxestión ou proposta de mellora sobre o centro, comedor, ANPA, etc,  podedes facérnola chegar. 

Soamente tedes que cubrir o documento que atoparedes neste enlace e deixalo no buzón da ANPA.


BAIXAS E ALTAS DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

 Podedes descargar aquí o documento que tendes que cubrir e enviar á ANPA para darvos de alta ou de baixa das actividades extraescolares.

Recordade que o prazo para facelo é do 25 ao 28 de cada mes.

Novidades do Pavillón de Romil

 Como moitos xa sabedes, o colexio leva anos esperando que o concello cumpla coa súa palabra de poñer o pavillón de Romil a disposición das nosas nenas e nenos para que poidan ter nel as clases de educación física, en lugar de facelo como ata o de agora, no patio, expostos á intemperie.

O curso pasado o concello informou ao centro de que a zona central fóralle cedida a un Clube Deportivo (empresa privada), que procedeu a ocupala instalando unha serie de equipamentos que impiden que esa zona poida ser utilizada nas clases de educación física do noso centro. No lugar da zona central, o concello autoriza ao CEP Dr Fleming o uso dunha pequena zona na primeira planta do pavillón, que presenta graves riscos para a súa utilización por parte de rapazada menor de 12 anos. Atoparedes máis información sobre os problemas que presenta a zona que nos outorgaron neste link.

A anpa, ao igual que a dirección do colexio considera esta situación inaceptable, pois non cumple en absoluto o prometido polo Sr. Alcalde, xa que a zona do pavillón á que se lle permite acceso ás nosas nenas e nenos resulta pequena e insegura.

Con tal motivo, a anpa diríxelle a seguinte carta ao concello, que complementa a escrita pola nosa directora:



NOVA CANLE DE TELEGRAM

 Podedes seguir as novas da ANPA con máis comodidade agora desde o voso móbil.

Para unirvos a canle de Telegram, só tendes que acceder ao seguinte link desde os vosos teléfonos:

https://t.me/joinchat/XLNNySMpyVozMzJk

Se non tendes Telegram instalado, podedes descargalo a través de Google Play ou App Store

PRAZAS LIBRES EN IUDO

Aínda quedan prazas libres na actividade de Iudo.

O horario é luns e mércores de 16:00 a 17:00 para o alumnado de 1º, 2º e 3º e de 17:00 a 18:00 para o alumnado de 4º, 5º e 6º.

O prezo da actividade é de 24 €/mes + 22 € anuales de federación.

Lembrámosvos que se trata dunha actividade federada e que, como tal, non ten restriccións por causa do COVID.



ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Actividades COMPLETAS

En outubro todas as actividades están completas. 

Os prazos para inscricións e cancelacións son do 25 ao 28 de cada mes.

Actividade  IUDO: prezo 24€ ao mes. Ademais, hai que pagar 1 vez ao ano 22€ de                federación nesta actividade.

 


   


RECURSOS FACILITADOS NA CHARLA "CONSECUENCIAS DO USO E ABUSO DAS PANTALLAS" DE 14 DE MARZO: Bibliografía principal:  Marian Rojas ...