AVISO XADREZ

 Aviso a todos/as interesados/as na actividade de XADREZ

A actividade non comeza esta semana, como inicialmente estaba previsto.

Pregámosvos a todos/as os que vos poida interesar a actividade (estiveran previamente apuntados ou non) que se poñan en contacto coa ANPA coa menor brevidade posible.



HORARIOS DE APERTURA

 Durante a semana do 15 ao 19 de novembro a ANPA estará aberta para as xestións relacionadas con xadrez e baloncesto cos seguintes horarios:

LUNS: De 9:10 a 9:45 e de 16:00 a 17:00

MARTES: De 9:10 a 9:45

MÉRCORES: De 9:10 a 9:45

XADREZ E BALONCESTO

 

As/os preinscritas/os en BALONCESTO deben pasar pola ANPA a cubrir o impreso da escola deportiva para formalizar a inscrición e facer o pago da actividade (34,78€ nun único pago) a través da conta bancaria da ANPA antes do día 18 de novembro.


O Concello concedeunos un grupo de XADREZ martes e xoves de 16:00 a 17:00. As/os interesadas/os deben pasar pola ANPA a cubrir o impreso da escola deportiva para formalizar a inscrición e facer o pago da actividade (34,78€ nun único pago) a través da conta bancaria da ANPA antes do día 18 de novembro. Esta actividade só terá lugar se se acada un mínimo de 15 inscricións. En caso de non acadarse o mínimo, a ANPA procederá á devolución das taxas dos inscritos.


RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR

 Animádevos a presentarvos ao Consello Escolar!!!

O prazo de presentación de candidaturas está aberto ata o día 15 de novembro

O día da votación é o 23 de novembro

Máis información na web do centro:

http://www.edu.xunta.gal/centros/cepfleming/

RECURSOS FACILITADOS NA CHARLA "CONSECUENCIAS DO USO E ABUSO DAS PANTALLAS" DE 14 DE MARZO: Bibliografía principal:  Marian Rojas ...