NOVO GRUPO DE ESTUDO DE 14:00 A 15:00

 Desde a ANPA estase a contemplar a posibilidade de abrir un grupo de estudo de 14:00 a 15:00 para as familias que prefiran que as/os seus fillas/os non queden a comedor pero que non poidan pasar a recollelas ata as 15:00. 

Se vos podería interesar, contactade coa ANPA porque é preciso que haxa un mínimo de persoas para facer o grupo.


PROGRAMACIÓN SEMESTRAL CASA DAS MULLERES


Concellería de Igualdade do Concello de Vigo abre o prazo de inscrición para unha serie de actividades de carácter gratuíto que se desenvolverán (en formato virtual e/ou presencial con grupos reducidos) na Casa das Mulleres (r/ Romil, 20).

Podedes consultar o listado de obradoiros aquí.

Proceso de inscrición para todas as actividades formativas:

  • Prazo de inscrición: dende a publicación da presente convocatoria e ata cubrir prazas.

  • Ficha de inscrición: deberase cubrir os datos solicitados na ficha de inscrición (DESCARGAR, formato editable). O Curso de formación en igualdade para profesionais (DESCARGAR, formato editable) e o Curso de formación en igualdade para monitorado de ocio e tempo libre e animación sociocultural (DESCARGAR, formato editable).

  • Presentación da Ficha de inscrición: Enviarase por vía telemática unha ficha asinada por cada unha das actividades solicitadas a casadasmulleres@vigo.org ou ofi.muller@vigo.org

No caso que non sexa posible a vía telemática, farase a entrega presencial da ficha de inscrición asinada na Casa das Mulleres, de luns a venres, 17:30-21:30.

Criterios de admisión nas actividades: Terán preferencia as persoas empadroadas no Concello de Vigo (farase a correspondente comprobación) e que non fixeran algún curso sobre a mesma materia. Logo seguirase o criterio de orde de entrada da solicitude. Prazas limitadas.

Sempre será necesaria a inscrición previa, tendo en conta que se traballará con grupos reducidos e aforo limitado e que as persoas inscritas aceptan cumprir coa normativa interna en relación a prevención sanitaria fronte á Covid-19.

  • Confirmación da praza: unha vez admitida comunicarase por enderezo electrónico ou por teléfono

PISCINA 2º CUATRIMESTRE

 *


RENOVACIÓNS
: Do 10 ao 16 de Xaneiro

1. Facer transferencia de 31€ á conta da ANPA, concepto "Renovación piscina+ Nome da/o nena/o"

2. Entregar xustificante na ANPA (presencialmente ou a través de correo electrónico

*NOVAS ALTAS: Do 17 ao 24 de xaneiro

Contactar coa ANPA para consultar dispoñibilidade

Actividades extraescolares


 As actividades extraescolares continuarán durante o mes de xaneiro como ata o de agora.

En caso de que houbera algún cambio no protocolo da Xunta volo comunicaríamos polas canles de comunicación habituais da ANPA

¡Feliz volta ao cole!

RECURSOS FACILITADOS NA CHARLA "CONSECUENCIAS DO USO E ABUSO DAS PANTALLAS" DE 14 DE MARZO: Bibliografía principal:  Marian Rojas ...