Reclamamos que comece o uso da planta baixa do Polideportivo de Romil por parte do alumnado Fleming no curso académico 22/23

 Chegaron as vacacións, pero as voluntarias da ANPA continuamos a traballar...

Durante todo o curso, tanto a ANPA como a dirección do colexio, estivemos a reclamarlle ao concello que nos dera o que se lle prometera á comunidade educativa do CEP Dr Fleming durante o 50º aniversario do centro, é dicir, o uso da planta baixa do Polideportivo Municipal de Romil unha vez estivera construído.

Podedes ler máis sobre o problema no seguinte link:

http://www.edu.xunta.gal/centros/cepfleming/node/370

Ante a ausencia de resposta por parte do concello, a ANPA decidiu acudir ao resto dos grupos municipais para solicitarlles axuda.

Por unha banda, o BNG fíxolles a seguinte pregunta no pleno municipal:



Por outra, o PP levou o noso problema a prensa, apareceu nas noticias da SER-radio Vigo, en prensa en papel:



e en prensa dixital:

https://vigohoy.es/el-grupo-municipal-del-pp-de-vigo-respalda-al-anpa-del-doctor-fleming-ante-la-negativa-del-gobierno-local-a-que-utilicen-el-pabellon-de-romil/

https://hermesvigo.com/el-pp-municipal-respalda-al-anpa-del-doctor-fleming-ante-la-negativa-del-gobierno-vigues-a-que-los-ninos-utilicen-el-pabellon-de-romil/


Parece que a medida de comunicar co resto dos grupos municipais foi algo máis eficaz, porque tivemos noticias do concelleiro o día mesmo no que apareceu en prensa o noso descontento. Podedes ler aquí a nosa resposta ao concelleiro:

Desde a ANPA esperamos que o problema quede resolto antes de comezar o curso que vén. De non ser así, solicitarémosvos a colaboración das familias do centro para que vexan o noso descontento de xeito público e que, por fin, o concello cumpla o seu compromiso co centro.


¡¡FELIZ VERÁN A TODAS E TODOS!!

¡¡ GRAZAS POR VIR !!

O pasado venres día 17 pasámolo xenial na festa da ANPA


Temos que darlle as grazas á todas as familias socias da ANPA e a todas as voluntarias que axudaron a facer a festa de xeito altruista. 

¡Sen todas elas, non tería sido posible!


Para que sexan posibles máis actividades como esta para a nosa rapazada, precisamos que vos asociedes á ANPA tantas familias como poidades. 

¡Sós non podemos, en equipo si!




Campeóns de Fútbol

 ¡¡¡¡¡O equipo de fútbol de extraescolares do CEP Dr Fleming son os campeóns na súa división!!!!!

¡¡NORABOA, CAMPEÓNS!!


 

ASAMBLEA XERAL ORDINARIA

 O xoves, día 9 de xuño de 2022, ás 16:00 h en primeira convocatoria e ás 16:30 h en segunda convocatoria, celebrarase na Sala de Usos Múltiples do CEP Dr Fleming a asamblea xeral ordinaria de socios, co seguinte:

ORDE DO DÍA

1. Lectura e aprobación, se procede da acta anterior.

2. Aprobación das contas do exercicio anterior

3. Aumento da cuota a aboar polos asociados o vindeiro curso 2022/2023

4. Proposta da Xunta Directiva sobre a ampliación das actividades extraescolares solicitadas ao concello

5. Decisión a tomar ante as respostas das peticións dos asociados relativas ao Servicio de Comedor

6. Servizo Madruga: decisión a tomar sobre volver coa empresa Fervellos que prestaba o servizo anteriormente

7. Non uso da Instalación Deportiva Municipal de Romil polos alumnos do centro para actividades escolares. Creación de unha comisión de traballo para acadar o uso efectivo do mesmo durante o próximo curso. 

8. Rogos e preguntas


En relación co punto número 7, é fundamental que acudamos á Asamblea tantas familias como nos resulte posible. 

Como moitos xa sabedes, a utilización das Instalacións Deportivas de Romil para as clases de Educación Física foi unha promesa feita polo alcalde ao centro fai máis de 5 anos. Na actualidade aínda non se está a usar porque a parte máis accesible ao alumnado está a ser ocupada de xeito permanente por un clube privado e a única parte á que se lle permite acceder ao alumnado do centro é na planta superior e non cumple as condicións de seguridade mínimas esixibles. Esgotadas as vías administrativas, temos que procurar outras vías, sabendo que o concello só nos escoitará se somos moitas familias dispostas a manifestar o noso malestar coa situación actual.





RECURSOS FACILITADOS NA CHARLA "CONSECUENCIAS DO USO E ABUSO DAS PANTALLAS" DE 14 DE MARZO: Bibliografía principal:  Marian Rojas ...