Información relativa ás extraescolares


Cando dean comezo as extraescolares,o alumnado que vaia a comedor será recollido  directamente polo persoal de extraescolares.

No caso de ter dúas extraescolares consecutivas, o persoal das distintas extraescolares coordinarase para que o alumnado estea sempre acompañado.

Todas as actividades extraescolares teñen lugar dentro do recinto do colexio.

Ao finalizar a actividade, o persoal de extraescolares entregará os nenos e nenas soamente as persoas que estean previamente autorizadas a través dun documento de autorización que será entregado polo persoal de extraescolares aos nenos cando comecen as actividades e que será devolto, debidamente cuberto ao mesmo persoal.

Previamente á entrega do documento de autorización de recollida, é preferible que sexan os propios proxenitores ou titores legais que recollan o alumnado de extraescolares. O alumnado de primeiro curso poderá atopar unha copia do documento  nas mochilas por se a precisaran xa para os primeiros días.

O pavillón de Romil no Pleno do Concello

Hoxe levouse ao Pleno do Concello unha moción para que o alumnado do CEP Dr Fleming puidera utilizar o Pavillón de Romil



TODOS os grupos parlamentarios, agás o PSOE, votaron a favor da moción.

O concelleiro de deportes mostrou en todo momento o seu máis absoluto desinterese polo tema e deixou clara a intención do Concello de non modificar o uso que actualmente se lle está dar ao Pavillón de Romil.

Non conseguimos entender cales son as motivacións desta desatención das necesidades das nenas e nenos do colexio, e a infrautilización dunha instalación pública, cando a cesión do espazo para as clases de educación física tería un custe cero para o Concello. 

A pesar de todo, seguimos confiando en que o Concello reconsidere a súa decisión e solvente o problema tras o debate no Pleno de hoxe.

NOVIDADES SOBRE EXTRAESCOLARES

Realizaranse, no horario previsto as seguintes actividades:

  • Baloncesto
  • Skate
  • Multideporte
  • Fútbol sala
  • Bádminton
  • Francés I (luns)
  • Francés II (xoves)
  • Comic I (xoves)
  • Pintura e debuxo (Ana Termes)
  • Deberes
  • Baile Galego
  • Baile Moderno
  • Ximnasia Acrobática
  • Teatro I (xoves)
  • Teatro II (venres)
  • Robótica I (xoves)
  • Robótica II (venres)
  • Patinaxe
  • Atletismo
  • Ilustración
  • Inglés 1 (martes e xoves)

Quedan canceladas, por falta de inscricións:
  • Comic II
  • Arte e danza
  • Debuxo (Diego)
  • Inglés 3
  • Inglés 4

Modifícanse os seguintes horarios:
  • Inglés 5 e Inglés 6 xúntanse, luns e mércores de 16:00 a 17:00
  • Inglés 2 xúntase con Ingles 1 martes e xoves de 16:00 a 17:00

Xudo está pendente de confirmación.

IMPORTANTE. Todas as nenas e nenos inscritos a día 27/09  están admitidos nas actividades que solicitaron.

Xuntanza 24 de setembro

 Moitas grazas a todas as familias que viñestes o sábado pola mañá a celebrar o día europeo do deporte escolar e a reclamar o uso do pavillón de Romil!!!!



Foi un día moi bonito, onde tivemos a oportunidade de reivindicar o uso do espazo do pavillón mentras usabamos e desfrutabamos dunha das praciñas da cidade como espazo de xogo e encontro 💗💗




Desde a ANPA queremos agradecer a todos partidos políticos que nos apoiaron no proceso e que se fixeron eco das nosas reivindicacións, e lamentamos que o alcalde non respondera a nosa invitación para acudir ao acto a que lle puideramos expor as nosas inquedanzas en persoa.

Resposta da ANPA ao comunicado de prensa realizado polo Sr. Abel Caballero

A ANPA do CEP Dr Fleming quere agradecer o interese demostrado polo alcade de Vigo, o Sr. Abel Caballero, pola problemática actual do pavillón de Romil. 

Así mesmo, gustaríanos  invitalo a participar no evento que temos programado o sábado 24 de setembro ás 11:00 para  poder explicarlle en persoa as nosas reivindicacións.


Por unha banda, queremos que comprenda que o espazo que se nos asignou resulta perigoso e inaxeitado para que nenas e nenos de primaria realicen actividades deportivas. Cónstanos que nel xa se produciu un accidente dunha deportista durante o breve período de tres semanas no que este espazo estivo sendo utilizado por un clube este mes de setembro.


Desde a ANPA reclamamos o uso do espazo central do pavillón porque é un espazo seguro para as nosas rapazas e rapaces e porque é un espazo baleiro en horario de mañá. Entendemos que, se non se nos cedeu ata agora ese espazo central, é porque o clube que o ocupa na actualidade, en horario de tarde, bloquea o uso do mesmo en horario de mañá. Polo tanto, solicitamos ao Sr. Abel Caballero que reconsidere a ubicación dos distintos clubes nos espazos municipais e que ubique no pavillón de Romil a un clube que permita compartir o espazo co centro. Deste xeito optimizaríase o uso dun espazo que é público pero que na actualidade está sendo utilizado de xeito exclusivo polos membros dun clube deportivo privado.

MODIFICACIÓN DOS GRUPOS DE INGLÉS

Dado o escaso número de solicitudes para os grupos de inglés, faise un reagrupamento dos mesmos, que quedarán do seguinte xeito:

1º e 2º: Martes e xoves de 16:00 á 17:00

3º e 4º: Luns e mércores de 16:00 á 17:00

5º e 6º: Luns e mércores de 16:00 á 17:00

RECLAMEMOS O USO DO PAVILLÓN MUNICIPAL DE ROMIL PARA AS CLASES DE E.F.

 ¿Sabiades que o Pavillón de Romil, a pesar de ter unha entrada directa desde o Fleming, non está a ser utilizado para as clases de educación física do noso centro?



Vémonos o día 24 de setembro entre as 11:00 e as 13:00 para practicar deporte e reclamar que as instalacións de Romil poidan ser usadas pola nosa rapazada!! 

A nivel organizativo, axudaríanos moito que confirmarades a vosa asistencia respondendo este formulario, que consta dunha única pregunta.

Cantas máis persoas sexamos, máis nos faremos oir!! 
VINDE TODAS E TODOS!! 
PASADE A INFORMACIÓN!!

BALONCESTO

A actividade de BALONCESTO queda confirmada. O prazo de solicitude da actividade é o mesmo que para o resto das extraescolares (do 15 ao 23 de setembro) 

Máis información sobre o proceso de inscripción aquí.

ACTUALIZADA A LISTAXE DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Xa tendes toda a información sobre as extraescolares para o curso 2022-2023 actualizada neste enlace.


Aula Matinal

 MOI IMPORTANTE!!

Este ano a entrada á aula matinal (máis información neste enlace) farase pola entrada principal do colexio, por onde entra o alumnado de 1º e 2º  (a porta que aparece sinalada como E1 na foto). 

A actividade desenvolverse na aula de usos múltiples





Piscina




 Renovacións:  
Os nenos que continúen na actividade de piscina soamente teñen que facer o pago da actividade por transferencia ao número de conta da ANPA (que podedes atopar no formulario de alta de socios). O custe da actividade é de 31€ por cuadrimestre e no concepto da transferencia debe figurar PISCINA+ Nome e apelidos do/a neno/a. O prazo para proceder ao pago das renovacións é do 8 ao 14 de setembro, ambos incluídos.


Novas altas: Para solicitar a incorporación da actividade de novos/as alumnos/as, hai que entregar na ANPA (físicamente ou por correo electrónico) o formulario de inscrición. O prazo para a solicitude de novas prazas é do 15 ao 23 de setembro. Indicade no asunto do correo electrónico ALTA PISCINA e o nome e curso da/o nena/o.

LEMBRADE QUE PARA PARTICIPAR EN CALQUERA ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR É PRECISO SER SOCIAS/OS DA ANPA

COMENZAMOS O CURSO 2022-2023

¡¡ Benvidas/os ao curso 2022-2023!!

Unhas breves notas para o principio de curso:

Aquí poderedes atopar o documento de alta de socios.

Lembrade que para facervos socios é preciso facer unha transferencia de 20€ por familia ao número de conta indicado na folla de inscrición e enviar unha copia do documento cuberto á dirección de correo electrónico fleming.anpa@gmail.com


Xa está aberta a inscrición á aula matinal. Podedes atopar aquí o documento para a inscrición. A aula matinal comezará o venres día 9 de setembro, en horario de 8:00 a 9:00. IMPORTANTE: Para a inscrición da aula matinal hai que facer unha transferencia de 6€ en concepto de seguro anual ao número de conta da ANPA (como figura no formulario). Como concepto da transferencia debe aparecer: Nome, apelidos e grupo do neno+ Seguro


As extraescolares comezarán a día 1 de outubro. Ao longo desta semana publicaremos a lista actualizada de actividades e horarios.


Lembrámosvos que as rúas de Romil e Ourense nas proximidades do colexio están en obras estes días, polo que non é posible acceder en coche nin aparcar.

RECURSOS FACILITADOS NA CHARLA "CONSECUENCIAS DO USO E ABUSO DAS PANTALLAS" DE 14 DE MARZO: Bibliografía principal:  Marian Rojas ...