Resposta da ANPA ao comunicado de prensa realizado polo Sr. Abel Caballero

A ANPA do CEP Dr Fleming quere agradecer o interese demostrado polo alcade de Vigo, o Sr. Abel Caballero, pola problemática actual do pavillón de Romil. 

Así mesmo, gustaríanos  invitalo a participar no evento que temos programado o sábado 24 de setembro ás 11:00 para  poder explicarlle en persoa as nosas reivindicacións.


Por unha banda, queremos que comprenda que o espazo que se nos asignou resulta perigoso e inaxeitado para que nenas e nenos de primaria realicen actividades deportivas. Cónstanos que nel xa se produciu un accidente dunha deportista durante o breve período de tres semanas no que este espazo estivo sendo utilizado por un clube este mes de setembro.


Desde a ANPA reclamamos o uso do espazo central do pavillón porque é un espazo seguro para as nosas rapazas e rapaces e porque é un espazo baleiro en horario de mañá. Entendemos que, se non se nos cedeu ata agora ese espazo central, é porque o clube que o ocupa na actualidade, en horario de tarde, bloquea o uso do mesmo en horario de mañá. Polo tanto, solicitamos ao Sr. Abel Caballero que reconsidere a ubicación dos distintos clubes nos espazos municipais e que ubique no pavillón de Romil a un clube que permita compartir o espazo co centro. Deste xeito optimizaríase o uso dun espazo que é público pero que na actualidade está sendo utilizado de xeito exclusivo polos membros dun clube deportivo privado.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

RECURSOS FACILITADOS NA CHARLA "CONSECUENCIAS DO USO E ABUSO DAS PANTALLAS" DE 14 DE MARZO: Bibliografía principal:  Marian Rojas ...