Piscina

 




 Renovacións:  
Os nenos que continúen na actividade de piscina soamente teñen que facer o pago da actividade por transferencia ao número de conta da ANPA (que podedes atopar no formulario de alta de socios). O custe da actividade é de 31€ por cuadrimestre e no concepto da transferencia debe figurar PISCINA+ Nome e apelidos do/a neno/a. O prazo para proceder ao pago das renovacións é do 11 ao 20 de xaneiro de 2023, ambos incluídos.


Novas altas: Para solicitar a incorporación da actividade de novos/as alumnos/as, hai que entregar na ANPA o formulario de inscrición. O prazo para a solicitude de novas prazas é do 16 ao 20 de xaneiro de 2023, ambos incluídos. E só poderá facerse a renovación físicamente no local da ANPA.

LEMBRADE QUE PARA PARTICIPAR EN CALQUERA ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR É PRECISO SER SOCIAS/OS DA ANPA

Ningún comentario:

Publicar un comentario

RECURSOS FACILITADOS NA CHARLA "CONSECUENCIAS DO USO E ABUSO DAS PANTALLAS" DE 14 DE MARZO: Bibliografía principal:  Marian Rojas ...