COMEZO DE AULA MATINAL

 A partir do luns 2 de novembro, estará dispoñible a 

aula matinal de 8 h a 9 h para socios do ANPA. 

Con todas as medidas de seguridade.


Tedes o formulario de  inscrición nas apartado "descargas"



CONVOCATORIA ASAMBLEA XERAL ORDINARIA DE SOCIOS DO ANPA

Lembramos que mañá luns 26 de outubro teremos a asemblea xeral ordinaria de socios na sala de usos múltiples do centro ás 16:00 horas en primeira convocatoria e ás 16:30 horas en segunda convocatoria. 


Enviámosvos a normativa referente a celebración de asambleas.

1. Celebración Asambleas:

A orde de 21 de outubro de 2020 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG 212-Bis, de 21 de outubro de 2020) establece, no seu apartado dispositivo:
 
"Segundo. Restricións ás agrupacións de persoas para a protección da saúde das persoas ante a existencia dun risco de carácter transmisible:

1. Á vista da evolución da situación epidemiolóxica na Comunidade Autónoma de Galicia, e coa finalidade de controlar a transmisión da enfermidade, adóptase, de modo temporal, a medida de limitar os grupos para o desenvolvemento de calquera actividade ou evento de carácter familiar ou social na vía pública, espazos de uso público ou espazos privados, a un máximo de cinco persoas, excepto no caso de persoas conviventes, en que non se aplicará esta limitación.

Tampouco serán aplicable esta limitación no caso de actividades laborais, empresariais, profesionais e administrativas, actividades en centros universitarios, educativos, de formación e ocupacionais, así como no caso da práctica do deporte federado, sempre que se adopten as medidas previstas nos correspondentes protocolos de funcionamento."

Para determinar o número máximo de participantes, podemos ter en conta o referido Anexo da orde de 21 de outubro, que indica:

Poderanse celebrar congresos, encontros, reunións de negocio, conferencias e eventos e actos similares promovidos por calquera entidade, de natureza pública ou privada, sempre que non se supere o cincuenta por cento da capacidade permitida do lugar de celebración e cun límite máximo de sesenta persoas para lugares pechados e de cento cincuenta persoas se se trata de actividades ao aire libre.

Un saúdo.

O equipo do ANPA

Devolucións Piscina

Esta semana podedes ir ao local da ANPA para recoller a devolución da parte proporcional non realizada do cursillo de piscina do curso 2019-20.


O horario será:

Mércores 21 de outubro de 9:15 a 9:45

Xoves 22 de outubro de 15:45 a 16:45 (Tarde) 

Venres 23 de outubro de 9:15 a 9:45

Luns 26 de outubro de 9:15 a 9:45

Martes 27 de outubro de 9:15 a 9:45

Mércores 28 de outubro de 9:15 a 9:45

Xoves 29 de outubro de 15:45 a 16:45(Tarde) 

Venres 30 de outubro de 9:15 a 9:45

Grazas!! 



Comeza a PISCINA. Inda quedan prazas libres. Preme nesta entrada

 A partir do luns 5 de outubro comezan as clases para estudantes que renovaron na piscina. 

Nos horarios correspondentes.



E QUEDAN LIBRES AS SEGUINTES PRAZAS NOS SEGUINTES HORARIOS:    


                                          16h   Martes    7 prazas
                                          16h   Xoves     2 prazas
                                          16h   Venres    8 prazas
                                          
                                          16:45h   Luns         9 prazas
                                          16:45h   Martes      9 prazas
                                          16:45h   Mercores  2 prazas
                                          16:45h   Xoves       2 prazas
                                          16:45h   Venres      2 prazas

RECURSOS FACILITADOS NA CHARLA "CONSECUENCIAS DO USO E ABUSO DAS PANTALLAS" DE 14 DE MARZO: Bibliografía principal:  Marian Rojas ...