2ª Xornada da Liga de Natación Escolar

 A segunda xornada da Liga de Natación Escolar terá lugar o domingo 5 de marzo

Tedes ata o luns 27 de febreiro para inscribir novos/as participantes

Os/as participantes xa inscritos/as non teñen que facelo de novo, porque xa quedaron anotados/as.

Lembrade que houbo un cambio na data da derradeira xornada da Liga, que queda fixada para o 23 de abril.



Venres de Entroido: Festa e Actividades Extraescolares

 O venres 17 de febreiro, entre as 16h00 e as 19h00 temos a festa de entroido da ANPA no patio do cole.

As actividades extraescolares dese día mantéñense. Podedes escoller entre ir as actividades ou vir á festa, ou incluso  facer as dúas cousas se tendes tempo e ganas 😊

FESTA DE ENTROIDO

 A ANPA quere invitar a todo o alumnado do CEP Dr Fleming á festa de entroido que terá lugar o próximo día  17 de febreiro de 2023 en horario de 16h00 a 19h00. 

Lembrade que os/as nenos/as deberán vir acompañados/as por un adulto.

Haberá un concurso de disfraces con premios para os/as gañadores!



RECURSOS FACILITADOS NA CHARLA "CONSECUENCIAS DO USO E ABUSO DAS PANTALLAS" DE 14 DE MARZO: Bibliografía principal:  Marian Rojas ...