AVISO sobre o material das actividades de skate e patinaxe

 

Para facilitar o correcto funcionamento do centro e a comodidade dos propios nenos, non se poderá estar en horario lectivo cos patíns e skates polo centro.

Así para a realización das actividades de patinaxe e skate poderáse deixar o material na zona habilitada para elo no centro. Deixarase dun día para o seguinte día da actividade. De non querer deixalo no centro, o material deberá achegárllelo algunha persoa á hora do comezo da actividade.

Disculpade as molestias e agradecemos a vosa colaboración.

Comezo de actividades extraescolares e listaxe de actividades canceladas

Indicamos que o vindeiro Luns 2 de Outubro comezarán as actividades extraescolares para os que vos anotástedes.

Asímesmo, informamos que se cancelan as seguintes: 

  • MULTIDEPORTE
  • INGLÉS (Ensíname) 3º & 4º
  • INGLÉS (Ensíname) 5º & 6º
  • ILUSTRACIÓN
Grazas pola vosa colaboración.


Benvid@s ao curso 2023 - 2024

 ¡¡ Benvidas/os ao curso 2023-2024!!

Unhas breves notas para o principio de curso:

Aquí poderedes atopar o documento de alta de socios.

Lembrade que para facervos socios é preciso facer unha transferencia de 20€ por familia ao número de conta indicado na folla de inscrición e enviar unha copia do documento cuberto á dirección de correo electrónico fleming.anpa@gmail.com


Xa está aberta a inscrición á aula matinal. Podedes atopar aquí o documento para a inscrición. A aula matinal comezará o martes día 12 de setembro, en horario de 8:00 a 9:00. IMPORTANTE: Para a inscrición da aula matinal hai que facer unha transferencia de 6€ en concepto de seguro anual ao número de conta da ANPA (como figura no formulario). Como concepto da transferencia debe aparecer: Nome, apelidos e grupo do neno+ Seguro


Quedan publicadas as actividades extraescolares no seguinte enlace. Pronto publicaremos o formulario de inscripción.

Esperamos que teñades un feliz comezo de curso.

Para calquera dúbida quedamos a vosa disposición polas canles habituais, preferiblemente a través do noso enderezo electrónico: fleming.anpa@gmail.com .


Entre todos facemos un cole mellor!!

2ª Xornada da Liga de Natación Escolar

 A segunda xornada da Liga de Natación Escolar terá lugar o domingo 5 de marzo

Tedes ata o luns 27 de febreiro para inscribir novos/as participantes

Os/as participantes xa inscritos/as non teñen que facelo de novo, porque xa quedaron anotados/as.

Lembrade que houbo un cambio na data da derradeira xornada da Liga, que queda fixada para o 23 de abril.



Venres de Entroido: Festa e Actividades Extraescolares

 O venres 17 de febreiro, entre as 16h00 e as 19h00 temos a festa de entroido da ANPA no patio do cole.

As actividades extraescolares dese día mantéñense. Podedes escoller entre ir as actividades ou vir á festa, ou incluso  facer as dúas cousas se tendes tempo e ganas 😊

FESTA DE ENTROIDO

 A ANPA quere invitar a todo o alumnado do CEP Dr Fleming á festa de entroido que terá lugar o próximo día  17 de febreiro de 2023 en horario de 16h00 a 19h00. 

Lembrade que os/as nenos/as deberán vir acompañados/as por un adulto.

Haberá un concurso de disfraces con premios para os/as gañadores!



RECURSOS FACILITADOS NA CHARLA "CONSECUENCIAS DO USO E ABUSO DAS PANTALLAS" DE 14 DE MARZO: Bibliografía principal:  Marian Rojas ...