ASEMBLEA ORDINARIA



Informarvos  que o vindeiro martes 30 de outubro terá  lugar a Asemblea Xeral Ordinaria.
Esperamos a vosa asistencia









PRAZAS PISCINA

Comunicarvos que nos ampliaron as prazas de piscina salvo os venres.

Todos aquelles que esteades interesad@s, por favor, pasade pola Anpa

Aula Matinal e Extraescolares

Hola a tod@s

Comentarvos que estaremos polo local do ANPA a partires do día 12 en horario habitual.

A aula Matinal comezará a funcionar desde o día 13 de 8:00h a 09:00h como ven sendo habitual.  Non é necesaria inscrición previa na primeira semana. Posteriormente será necesaria nos prazos establecidos para calquera actividade extraescolar.

Resto de actividades extraescolares darán comezo en outubro. Para iso é obrigatorio ter abonada a cota da anpa e do seguro escolar.

Mandaremos nos primeiros días de clase a folla de inscrición e a información sobre as extraescolares, e teremos tamén unha reunión informativa sobre éstas.

Un saúdo e que teñamos tod@s un bo ano escolar

Asemblea Ordinaria 28 xuño

Boas tardes

Hoxe os rapaces levaban a convocatoria dunha asemblea na que había unhas erratas:

  • A asemblea sería Xeral Ordinaria non Extraordinaria.
  • A data sería o 28 de xuño non o 21.
Queríamos rematar o ano presentando o balance de contas deste exercicio e informarvos de cambios nos postos da actual Xunta Directiva.

Sentimos as molestias que poideran ocasionar ditas erratas e confiamos veros na Asemblea.

Aproveitamos para desexarvos un bo verán.



Festa fin de curso 2017/18


A ANPA do C.E.P Dr. Fleming convida a todo o alumnado do colexio á festa de fin de curso que terá lugar o próximo luns 18 de xuño en horario de 16:30h a 19:30h.



Portada gañadora



E aquí os deixamos as portadas gañadoras. En breve as teredes  plasmadas na revista. 
Gracias a todos por participar un ano máis.




PORTADA REVISTA ESQUIO


Aquí vos deixamos as portadas finalistas, de entre elas sairá a portada gañadora da revista deste ano. 
Os debuxos están expostos na entrada do local da ANPA.
As votacións se farán entre mañá e o luns entre todos os nenos do cole.








Libros lectura 1° y 2°

Familias, os libros de LECTURA (Historias de Papel e Leo) que xa non usedes, poderían axudar a outras familias.

"Os libros queren ser lidos....regalemos a cada libro un novo neno"

DOA OS TEUS LIBROS

Entrega no local do Anpa

Xadrez



Este sábado os nosos campions en xadrez disputando un torneo que tivo lugar en Navia co motivo da clausura do curso 2017/18 impartido polo  IMD



Reválida 3° primaria




Aquí  os deixamos actividades que propón  Foanpas  para os nenos de terceiro  que non vaian á reválida 



Asemblea Xeral Extraordinaria


Hoxe foi a Asemblea  Extraordinaria que se convocara para poder facer  unha  modificación dos estatutos da asociación.
Como se observa na foto houbo unha "gran participación". Exceptuando á directiva, acudiron tres nais dun colexio  de case 600 alumnos e un número de socios que ronda os 450.
Entendemos que TOD@S estamos moi ocupados pero insistimos na necesidade de asistir ás Asembleas para poder coñecer as vosas inquietudes e que saibades  que esta asociación tamén pode funcionar como intermediario padre/nai-colexio e non só como simples xestores das actividades extraescolares.



Liga Escolar de Natación

Onte rematou a quinta edición  da Liga Escolar de Natación quedando os nosos rapaces no posto 9 de 24 colexios participantes.

  • Agradecer a esas nais voluntarias que acompañan aos nenos pola súa dedicación.
  • Agradecer aos pais/nais por deixar participar aos rapaces nesta competición a pesares dos madrugóns en domingo.
  • E, por suposto, agradecer a estes nenos participantes polas gañas que lle poñen e por animarse a participar. Sodes uns campións!!!!.
Aquí tedes ao gran equipo acompañado por David Meca

E aquí o campión da categoría promesa masculina

Noraboa a tod@s e esperamos contar convosco o ano que vén e que se sumen moitos máis nenos nesta experiencia marabillosa.




REVISTA ESQUIO

Un ano máis, no último trimestre  do curso, estamos a traballar na revista da ANPA do C.E.P. Doutor Fleming.

Solicitamos a todo aquel que estivese interesado en anunciarse nela, póñase en contacto connosco.

Teléfono: 886 12 09 01. Luns,  mércores e venres de 09:00-09:30h.
Móbil: 667 814 486.
Correo electrónico: info@anpacepfleming.es.

Data límite 16 maio.

Tarifas:
  • CONTRAPORTADA ............................ 200€ ..................... 210×297mm
  • PORTADA INTERIOR .......................... 180€ .................... 210×297mm
  • 1 PÁXINA ........................................... 125€ .................... 210×297mm
  • 1/2 PÁXINA .......................................  80€ ...................... 210×148mm
  • 1/4 PÁXINA ........................................ 55€ ...................... 148×105mm
  • 1/8 PÁXINA......................................... 40€ ...................... 105×74mm


GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN 

Vigués Distinguido 2018



Onte fíxose entrega do galardón Vigues Distinguido 2018 que, entre outros, recaeu no noso colexio.
Parabens a toda a comunidade educativa e a seguir loitando pola educación pública.





ENTROIDO 2018


Venres día 9 convidámosvos a festa de entroido que teremos no patio do colexio.
Aquí vos deixamos o cartel da festa. 
Esperamos que o pasedes moi ben.


AVISO URGENTE PISCINA

Hemos recibido un correo en el día de hoy  de la coordinadora de la piscina, indicándonos un cambio en la tarifa  para este segundo cuatrimestre, que pasaría de ser 29,60€ a 30,20€.


PISCINA

Renovación piscina:

Do 15 ao 19 de xaneiro débese facer o pago e entregar o xustificante no Anpa
  • Nº de conta: IBAN ES 36 2100 6310 53 0100040845
  • Concepto: nome e apelidos do neno + 2º cuatrimestre piscina
  • Importe: 29,60€

Prazas vacantes:

As prazas que queden vacantes poñeranse a disposición os días 22, 23 e 24 de xaneiro, adxudicándose por rigorosa orde de inscrición no local do Anpa.

Menú Xaneiro


RECURSOS FACILITADOS NA CHARLA "CONSECUENCIAS DO USO E ABUSO DAS PANTALLAS" DE 14 DE MARZO: Bibliografía principal:  Marian Rojas ...