Asemblea Xeral Extraordinaria


Hoxe foi a Asemblea  Extraordinaria que se convocara para poder facer  unha  modificación dos estatutos da asociación.
Como se observa na foto houbo unha "gran participación". Exceptuando á directiva, acudiron tres nais dun colexio  de case 600 alumnos e un número de socios que ronda os 450.
Entendemos que TOD@S estamos moi ocupados pero insistimos na necesidade de asistir ás Asembleas para poder coñecer as vosas inquietudes e que saibades  que esta asociación tamén pode funcionar como intermediario padre/nai-colexio e non só como simples xestores das actividades extraescolares.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

ATENCIÓN:  ANPAS GALEGAS pon en marcha un estudo para coñecer o punto de vista das familias do ensino público sobre a  DIXITALIZACIÓN DA ESC...