RECURSOS FACILITADOS NA CHARLA "CONSECUENCIAS DO USO E ABUSO DAS PANTALLAS" DE 14 DE MARZO:

Bibliografía principal: 

  • Marian Rojas Estapé – Médico psiquiatra.
  • Álvaro Bilbao – Neuropsicólogo. El cerebro del niño explicado a los padres.
  • Javier Tirapu – Neuropsicólogo.
  • Daniel Siegel – Psicólogo.
  • Catherine L’Ecuyer – Dra en Educación y Psicología. Educar en el asombro.
  • Marc Masip – Psicólogo. Desconecta
  • María Couso – Educadora. Cerebro, infancia y juego.

 Os vídeos empregados son de Pantallas Amigas.

 A app de Calculadora chámase Calculator Vault. Existen máis similares. 

Anímate a inscribirte na segunda xornada da liga de Natación


Neste curso o noso centro está participando na LIga de Natación escolar que consta de tres xornadas.

A primeira xornada da liga xa se celebrou quedando o centro en segunda posición, invitamos aos nenos que o desexen a que participen na segunda xornada que terá lugar o vindeiro domingo 17 de marzo.

No caso de ter participado na primeira xornada os nenos non teñen que cumplimentar nada. No caso de querer participar na segunda xornada e non haber entregado a documentación indicamos que aínda vos podedes apuntar entregando na anpa a ficha de inscripción e a autorización que podedes descargar nesta ligazón.

Podedes facernos chegar a inscripción ata o 8 de marzo de calquera destes dous xeitos:

Enviar a documentación cumplimentada ao enderezo electrónico do anpa: fleming.anpa@gmail.com
Presencialmente en la oficina do ANPA.
Ademáis facilitamos o relulamento nesta ligazón e a carta da liga de natación nesta ligazón.

Moita sorte aos participantes!!!

Solicitude para o uso por parte dos alumnos do Pavillón municipal de Romil

 

Achegámosvos o escrito para firmar que presentaremos no concello.

A idea é que a ANPA presente tódolos documentos asinados para facer presión. Os nenos levaron nas mochilas xa unha copia do documento. 
As vías para facernos chegas os documentos asinados  son calquera destas:
  • Darllo á profesora.
  • Entregalo na ANPA.
  • Envialo por correo electrónico ao noso enderezo: fleming.anpa@gmail.com

Agradecemos a vosa colaboración.

Xuntos facemos un cole mellor.

RECURSOS FACILITADOS NA CHARLA "CONSECUENCIAS DO USO E ABUSO DAS PANTALLAS" DE 14 DE MARZO: Bibliografía principal:  Marian Rojas ...