NOVAS DE FOANPAS E DOUTROS ORGANISMOS











CAMPAMENTOS DO CONCELLO DE VIGO 2024



ATENCIÓN
DOG Núm. 78. Venres, 19 de abril de 2024 CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL E XUVENTUDE.  ORDE do 12 de abril de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión de axudas económicas ás familias con persoas en situación de dependencia ou con discapacidade a través do programa Respiro familiar para persoas coidadoras e se convocan para o ano 2024 (código de procedemento BS614B)































Xa temos datas de saída, e no próximo mes de maio abre unha nova edición das formacións DICECO, dirixidas a desenvolver as competencias profesionais para o coidado de menores de ata 16 anos incluídos.

E cales son os cursos deste ano?

­











CONCELLO DE VIGO: CONCELLERÍA DE EDUCACIÓN
ESCOLA MUNICIPAL DE ARTES E OFICIOS; DÍAS EUROPEOS DA ARTESANÍA
Abril 2024
XORNADA DE PORTAS ABERTAS
Martes día 2 de abril de 2024, en horario de 12.00h a 14.00h e de 16.00h a 21.00h
Todos os talleres da EMAO terán as súas portas abertas no horario indicado e o visitante poderá achegarse ás actividades dos talleres de: Construción Artesanal de Instrumentos Musicais (Gaitas e Zanfonas), Talla e Escultura en Madeira, Pintura, Debuxo Artístico, Deseño e Encaixe de Palillos, Ourivaría, Moda e Confección, Artesanía en Coiro e Serigrafía Artística.
Ademais desenvolveranse as seguintes actividades:
ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS:
Martes 2 de abril:
• Artesanía en coiro: “Festa do cosido”. De 16.30h a 20.30h (Biblioteca)
Quérese mostrar a importancia da costura nas pezas que se realizan na especialidade, polo que os participantes realizarán diferentes pezas con cada tipo de costura, en tireta de coiro ou fío.
• Ourivaría: “Constrúo a miña xoia”. De 16.30h a 20.30h. Dirixida a nenos e nenas, poderán facer a súa xoia (traballada cun material non usual -termoplástico-, cocido a baixa temperatura, que o contrae reducindo o seu tamaño e intensificando as cores), pintala e convertela nun colgante, pendentes, chaveiro, etc.
Mércores 3 de abril:
• Moda e confección / Serigrafía artística: “Estampa a túa bolsa”. De 17.00h a 20.00h
No taller de Serigrafía coñeceranse os procesos de estampaxe e farase unha práctica sobre téxtil, que logo se coserá a máquina no taller de Moda e confección, co que os asistentes levarán unha bolsa estampada e cosida por eles mesmos.
• Debuxo artístico / Pintura: “A plein air”. De 16.00h a 20.00h.
Invitación para debuxar ou pintar polos arredores da EMAO. “A plein air” (Pintura ao aire libre) pretende dar a coñecer o traballo dos talleres da EMAO traspasando os muros da Escola. Sen requirir coñecementos previos, desenvolverase unha actividade lúdica na que o participante teña a experiencia de debuxar ou pintar “A plein air”.







 XORNADAS FORMATIVAS; SERVIZO IGUALDADE DO CONCELLO DE VIGO

 Desde o Servizo de Igualdade do Concello de Vigo informamos que está aberto o prazo de inscrición para asistir ás xornadas formativas "As políticas públicas de igualdade", que terán lugar o mércores 20 e o xoves 21 de marzo, na sala de conferencias da Sede Afundación. (Rúa Policarpo Sanz, 26).
Para asistir é preciso inscrición previa. As persoas interesadas deberán encher o formulario de inscrición (que se adxunta en formato editable) e envialo a          


 Na ANPA IES REPÚBLICA ORIENTAL DO URUGUAI



  "FAMILIAS DIGITALES: POTENCIANDO EL BUEN USO DE LAS REDES SOCIALES EN  FAMILIA"
        
Comienza la segunda edición del NOOC Familias digitales:potenciando el buen uso de las redes sociales en familia”, que se inicia el  13 marzo y finaliza el 22 de marzo. Esta iniciativa se desarrollará en colaboración con la Fundación FAD Juventud, a través del Proyecto Educación Conectada y el Instituto Nacional de Tecnologías Educativas y Formación del Profesorado, contribuyendo a la mejora de la Competencia Digital Ciudadana. 
En esta actividad formativa podrás encontrar respuestas a preguntas como: ¿Cómo puedo proteger a mi hijo o hija en el mundo digital y afrontar las casuísticas de las redes sociales? ¿Puedo enseñarles un buen uso de las redes sociales y ayudarles a prevenir los riesgos asociados?. Durante 3 horas de formación aprenderás estrategias de prevención relacionadas con el uso saludable de las redes sociales e Internet, así como podrás poner en marcha distintas estrategias en el ámbito familiar y en otros contextos.  



ANPA MESTRES GOLDAR. IMPARTIDA POR SONIA BLANCO SÍO, DE ESCUELA CORAZÓN. TELÉFONO DA ANPA MESTRES GOLDAR: 644577635



ANPA SAN TOMÉ





OU ATRAVÉS DO LINK: https://forms.gle/c5bmcHGYd9Q1TX6aA


VII GALA "NON TE ESQUEZAS DE RIR"



Ningún comentario:

Publicar un comentario