Felices vacacións

Hoxe visitáronnos os Reis Magos deixando aos nenos un pequeno agasallo que esperamos lles gustara.
Unha mañá de nervios, risas, berros e algún choro tras a cal chegan as merecidas vacacións.
Toca descansar para recargar as baterías e empezar con forza o seguinte trimestre.
Bo Nadal



Bo Nadal


RECOLLIDA DE XOGUETES




OPERACIÓN KILO


Campaña solidaria
Colabora traendo alimentos non perecedoiros ao local da Anpa. 
Data límite 19 de decembro.



TALLER DE NADAL


O vindeiro mércores 13 de decembro, na aula de informática, temos un Taller de Nadal na que os nenos poderán crear unha postal navideña con Scratch.
Podes anotalos na páxina web www.jovenesinventores.es.
Coste do taller 10€



1ª XORNADA DA LIGA ESCOLAR DE NATACIÓN


Hoxe arrincou a 1ª xornada da Liga Escolar de Natación. Tanto os nosos benxamins coma as nosas promesas fixérono moi ben e pasaron unha mañá moi divertida.
Agradecemento especial as nosas nais colaboradoras que acompañan aos nosos peques nestas xornadas e que tanto os animan.
Xa sabedes, se os vosos fillos naceron entre o 2006 e o 2012, saben nadar e teñen ganas de pasalo moi ben cos seus compañeiros, anotalos no Anpa para a seguinte xornada que terá lugar o 18 de febreiro.
ANIMARVOS!!




Liga Escolar de Natación


O club de Natación Vigo Rias Baixas e o Concello de Vigo coa colaboración da Fundación VIDE poñen en marcha un ano máis a Liga Escolar de Natación, que terá lugar na Piscina Municipal do Carme (Complexo Municipal das Travesas).

Datas:

  • 1ª Xornada:  3 decembro.
  • 2ª Xornada: 18 febreiro.
  • 3ª Xornada: 8 abril.
Categorías:
  • Promesas: nadadores masculinos e femininos nacidos nos anos: 2010, 2011 e 2012.
  • Benxamins: nadadores masculinos e femininos nacidos nos anos 2006, 2007, 2008 e 2009.
Probas:
  • 25 metros libres mixtos promesas.
  • 25 metros costas mixtos promesas.
  • 25 metros libres mixtos benxamins.
  • 25 metros cotas mixtos benxamins.
Na derradeira xornada se nadará unha soa proba debido a entrega de medallas e trofeos.

Para anotar aos vosos fillos tedes que pasar polo local do Anpa para cumprimentar os formularios.
Data tope LUNS 27 NOVEMBRO 09:30H.

ANIMÁDEVOS!!!

Menú Novembro



IMPORTANTE: ROUPA ABANDOADA


Toda a roupa que queda no colexio, permanecerá un mes no baúl que está na entrada e outro mes no local do Anpa. Acto seguido, pásase ao colector de reciclaxe de roupa que se atopa na entrada do colexio.

Por favor, marcade a roupa dos nenos co nome e apelido.

Moitas gracias.


ASAMBLEA ORDINARIA 31/10/2017


- Apróbanse as contas do exercicio anterior.

- Acórdase empezar cos trámites para a modificación dos estatutos da asociación. Mandarase aos socios, a través do correo electrónico, unha copia dos estatutos para que poidan achegar cambios se o consideran oportuno que se votarán en próxima asamblea.

- Conséguese algún voluntario como representante de aula. O que se pretende e ter máis comunicación cos pais do que sucede nas aulas. O ideal sería ter un por clase. Se alguén quere presentarse candidato, por favor, comunicarse coa Anpa.

- Finalmente, comunícase aos socios asistentes da reunión que vai ter lugar o vindeiro martes 7 novembro coa empresa de catering.

CONVOCATORIA DE FOLGA XERAL NO ENSINO

A ANPA do CEP Dr. Fleming apoia a folga xeral no ensino convocada pola Plataforma en Defensa do Ensino Público de Galicia para o vindeiro xoves 9 de marzo.

Unha folga en tódalas etapas do ensino, dende Educación Infantil ata a Universidade, para tódolos integrantes da comunidade educativa e para seguir esixindo:
"Derrogación da LOMCE e diálogo cos axentes sociais para acadar unha nova lei consensuada política e socialmente; reversión dos recortes; incremento dos orzamentos dedicados a educación; recuperación dun sistema de becas que garanta a igualdade de oportunidades; eliminación das contrarreformas universitarias e das prácticas non remuneradas en FP; recuperación dos cadros de persoal; dignificación das condicións laborais dos profesionais do ensino; freo á privatización do sistema educativo; baixada de ratios; superación de políticas normalizadoras que contribúan á recuperación e pervivencia da lingua galega, etc..."



MENÚ COMEDOR MARZO


RECURSOS FACILITADOS NA CHARLA "CONSECUENCIAS DO USO E ABUSO DAS PANTALLAS" DE 14 DE MARZO: Bibliografía principal:  Marian Rojas ...