CONVOCATORIA DE FOLGA XERAL NO ENSINO

A ANPA do CEP Dr. Fleming apoia a folga xeral no ensino convocada pola Plataforma en Defensa do Ensino Público de Galicia para o vindeiro xoves 9 de marzo.

Unha folga en tódalas etapas do ensino, dende Educación Infantil ata a Universidade, para tódolos integrantes da comunidade educativa e para seguir esixindo:
"Derrogación da LOMCE e diálogo cos axentes sociais para acadar unha nova lei consensuada política e socialmente; reversión dos recortes; incremento dos orzamentos dedicados a educación; recuperación dun sistema de becas que garanta a igualdade de oportunidades; eliminación das contrarreformas universitarias e das prácticas non remuneradas en FP; recuperación dos cadros de persoal; dignificación das condicións laborais dos profesionais do ensino; freo á privatización do sistema educativo; baixada de ratios; superación de políticas normalizadoras que contribúan á recuperación e pervivencia da lingua galega, etc..."



Ningún comentario:

Publicar un comentario