Liga Escolar de Natación


O club de Natación Vigo Rias Baixas e o Concello de Vigo coa colaboración da Fundación VIDE poñen en marcha un ano máis a Liga Escolar de Natación, que terá lugar na Piscina Municipal do Carme (Complexo Municipal das Travesas).

Datas:

  • 1ª Xornada:  3 decembro.
  • 2ª Xornada: 18 febreiro.
  • 3ª Xornada: 8 abril.
Categorías:
  • Promesas: nadadores masculinos e femininos nacidos nos anos: 2010, 2011 e 2012.
  • Benxamins: nadadores masculinos e femininos nacidos nos anos 2006, 2007, 2008 e 2009.
Probas:
  • 25 metros libres mixtos promesas.
  • 25 metros costas mixtos promesas.
  • 25 metros libres mixtos benxamins.
  • 25 metros cotas mixtos benxamins.
Na derradeira xornada se nadará unha soa proba debido a entrega de medallas e trofeos.

Para anotar aos vosos fillos tedes que pasar polo local do Anpa para cumprimentar os formularios.
Data tope LUNS 27 NOVEMBRO 09:30H.

ANIMÁDEVOS!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

RECURSOS FACILITADOS NA CHARLA "CONSECUENCIAS DO USO E ABUSO DAS PANTALLAS" DE 14 DE MARZO: Bibliografía principal:  Marian Rojas ...