FESTA FIN DE CURSO

 Dende a ANPA, queremos invitar a todas as nenas e nenos do cole a festa de fin de curso que terá lugar o día 17 de xuño en horario de 16:30 a 19:30.

A festa contará con inchables, cunha festa da escuma , con animacións e postos de comida.

As rapazas e rapaces terán que vir acompañados por un adulto e deberán traer: unha gorra para o sol, un bañador para a festa da escuma, calcetíns para saltar nos inchables, unha muda para voltar secos a casa e ¡¡¡¡moitas, moitas, moitas ganas de pasalo ben!!!!






Ningún comentario:

Publicar un comentario

ATENCIÓN:  ANPAS GALEGAS pon en marcha un estudo para coñecer o punto de vista das familias do ensino público sobre a  DIXITALIZACIÓN DA ESC...