Comentarvos que estaremos polo local do ANPA a partires do día 12 en horario habitual.
A aula Matinal comezará a funcionar desde o día 13 de 8:00h a 09:00h como ven sendo habitual. Non é necesaria inscrición previa na primeira semana. Posteriormente será necesaria nos prazos establecidos para calquera actividade extraescolar.
Resto de actividades extraescolares darán comezo en outubro. Para iso é obrigatorio ter abonada a cota da anpa e do seguro escolar.
Mandaremos nos primeiros días de clase a folla de inscrición e a información sobre as extraescolares, e teremos tamén unha reunión informativa sobre éstas.
Un saúdo e que teñamos tod@s un bo ano escolar
Ningún comentario:
Publicar un comentario