Benvid@s ao curso 2023 - 2024

 ¡¡ Benvidas/os ao curso 2023-2024!!

Unhas breves notas para o principio de curso:

Aquí poderedes atopar o documento de alta de socios.

Lembrade que para facervos socios é preciso facer unha transferencia de 20€ por familia ao número de conta indicado na folla de inscrición e enviar unha copia do documento cuberto á dirección de correo electrónico fleming.anpa@gmail.com


Xa está aberta a inscrición á aula matinal. Podedes atopar aquí o documento para a inscrición. A aula matinal comezará o martes día 12 de setembro, en horario de 8:00 a 9:00. IMPORTANTE: Para a inscrición da aula matinal hai que facer unha transferencia de 6€ en concepto de seguro anual ao número de conta da ANPA (como figura no formulario). Como concepto da transferencia debe aparecer: Nome, apelidos e grupo do neno+ Seguro


Quedan publicadas as actividades extraescolares no seguinte enlace. Pronto publicaremos o formulario de inscripción.

Esperamos que teñades un feliz comezo de curso.

Para calquera dúbida quedamos a vosa disposición polas canles habituais, preferiblemente a través do noso enderezo electrónico: fleming.anpa@gmail.com .


Entre todos facemos un cole mellor!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario