RENOVACIÓN XUNTA DIRECTIVA


Segundo poñen os estatutos desta ANPA, cada dous anos debe facerse unha renovación da Xunta Directiva.
 Por esta razón, a actual Xunta directiva está a exercer en funcións mentres non se presente unha nova.

Rogamos a todos os pais, nais ou tutores legais que teñan aos seus fill@s neste colexio e que teñan tempo e ganas, se presenten para formar parte dunha nova Xunta Directiva.

A Anpa é importante pois pode ser un vehículo mediador entre as familias e o colexio aparte de levar a cabo as actividades extraescolares e festas que se fan neste cole, entre outras cousas.

Animámosvos a que participedes e veñades á asamblea que terá lugar o próximo martes 29 de outubro onde esperamos ter unha nova Xunta Directiva que poida seguir levando a cabo estas actividades e novas ideas que poidan surxir.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

RECURSOS FACILITADOS NA CHARLA "CONSECUENCIAS DO USO E ABUSO DAS PANTALLAS" DE 14 DE MARZO: Bibliografía principal:  Marian Rojas ...