Novidades do Pavillón de Romil

 Como moitos xa sabedes, o colexio leva anos esperando que o concello cumpla coa súa palabra de poñer o pavillón de Romil a disposición das nosas nenas e nenos para que poidan ter nel as clases de educación física, en lugar de facelo como ata o de agora, no patio, expostos á intemperie.

O curso pasado o concello informou ao centro de que a zona central fóralle cedida a un Clube Deportivo (empresa privada), que procedeu a ocupala instalando unha serie de equipamentos que impiden que esa zona poida ser utilizada nas clases de educación física do noso centro. No lugar da zona central, o concello autoriza ao CEP Dr Fleming o uso dunha pequena zona na primeira planta do pavillón, que presenta graves riscos para a súa utilización por parte de rapazada menor de 12 anos. Atoparedes máis información sobre os problemas que presenta a zona que nos outorgaron neste link.

A anpa, ao igual que a dirección do colexio considera esta situación inaceptable, pois non cumple en absoluto o prometido polo Sr. Alcalde, xa que a zona do pavillón á que se lle permite acceso ás nosas nenas e nenos resulta pequena e insegura.

Con tal motivo, a anpa diríxelle a seguinte carta ao concello, que complementa a escrita pola nosa directora:



Ningún comentario:

Publicar un comentario

RECURSOS FACILITADOS NA CHARLA "CONSECUENCIAS DO USO E ABUSO DAS PANTALLAS" DE 14 DE MARZO: Bibliografía principal:  Marian Rojas ...